29
Jun
11

Pescadores do profundo

Óleo dimensiones 97x130cm

¡Escoitade! De fondas queixas cheo
brota da terra un misterioso canto;
raios de branca lus tinxen o ceo;
rompe a mañá do celestial encanto.
Da caixa de Pandora
sobre a patria deitada,
que peste e monstros gomitou cada hora,
vai a Espranza surxir consoladora
que quedaba no fondo acurrunchada…

¡Ouh, Libertá sagrada,
alba de groria pró oprimido mundo,
dos pobos deseada,
que escravos viven en dolor profundo!
Esparexe, querida,
da escura noite as tréboas cenicentas,
de verdugos e déspotas garida,
¡e fuxan medoñentas,
seguidas do seu lívido aparello,
diante de ti as visiós do mundo vello!

Águia de áureo piteiro,
dese mundo de horror sobre os escombros,
bate xa as alas o Porvir lixeiro…
¡Xunta esas forzas, mocedá, de aceiro,
si queres que se pouse nos teus hombros!

Dispoñei, dispoñeivos prá seitura,
cansados labradores;
e si frutos queredes de dozura,
donde agora herba ruín e grama dura,
ceibai novas ideas: darán frores.

-Manuel Curros Enriquez-


0 Respuestas to “Pescadores do profundo”



  1. Deja un comentario

Deja un comentario


junio 2011
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930